Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO)

Letras galegas "María Mariño". Unha análise da recepción da obra da poeta

Montse Penas

Resum


Cada 17 de maio dende 1963 (coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro) a literatura galega celebra o Día das Letras Galegas, homenaxeando a un escritor ou escritora que xa finara (aínda que polo momento só foron tres as mulleres honradas con esta distinción). 2007 foi a quenda da terceira autora: María Mariño. Tal distinción non estivo exenta dunha certa polémica, por dous motivos ben diferentes: o cuestionamento que a celebración está a vivir nos últimos anos e, sobre todo, a sombra das dúbidas que aínda se cernen ao redor da propia María Mariño. Este artigo céntrase neste segundo factor, analizando a produción crítica que se xerou en torno á poeta, tentando dilucidar en qué medida a enxurrada de publicacións que se lle dedicaron dende que a Real Academia Galega anunciara o 2007 como o “seu” ano supuxo non só un avance cuantitativo, senón tamén e, sobre todo, unha mellora cualitativa no coñecemento da súa obra.

Text complet: PDF