Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO)

Unha ferramenta informática para a análise dialectométrica da prosodia

Adela Martínez Calvo, Elisa Fernández Rei

Resum


Neste traballo preséntase unha ferramenta informática, desenvolvida co software estatístico R, que lle permite ao usuario realizar unha análise dialectométrica dos datos prosódicos do corpus fixo recollido no proxecto AMPER. Non se precisa coñecementos previos no uso do software R, polo que a ferramenta pode ser empregada por calquera usuario interesado neste tipo estudos. A análise dialectométrica realizada pola ferramenta inclúe o cálculo de correlacións entre curvas de F0 e a obtención das distancias prosódicas entre as distintas localizacións (falantes ou outra variable de interese) existentes no corpus. Unha vez construída a táboa de distancias prosódicas, o usuario pode aplicar mediante a ferramenta técnicas da estatística multivariante, como o escalado multidimensional (MDS) e a análise de conglomerados. Con esta última metodoloxía, o usuario pode detectar agrupamentos nas localizacións (falantes ou outra variable de interese) segundo a súa proximidade en termos de distancia prosódica.

Text complet: PDF