Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO)

Parámetros acústicos dos sons fricativos da lingua galega

Sabela Labraña Barrero

Resum


Existen diversos traballos descritivos dos sons fricativos da lingua galega, pero hai poucos e parciais que examinen as propiedades acústicas que caracterizan eses sons. No presente estudo exploráronse os parámetros acústicos dos sons que
realizan os fonemas /f/ // /s/ /s/ // en cinco zonas de Galicia1 nas que se gravaron cinco mulleres e cinco homes que pronunciaron palabras habituais da lingua. A investigación deseñouse a partir dos fonemas do nivel estándar da lingua /f/ // /s/ /s/ // e levouse a cabo en cinco zonas de Galicia nas que hai falas con oposición /s/ // ou /s/ //, e falas con ausencia de //. As análises centráronse na forma do
espectro onde se mediron frecuencia, intensidade e amplo de banda dos picos. Tamén se considerou obxecto de análise a frecuencia de comezo do ruído, a duración da fricativa e a intensidade relativa vogal-consoante. As emisións dos falantes correspondentes a /f/ // /s/ /s/ // foron clasificadas en grupos; así [f] [] [] recollen toda a variedade espectral perceptivamente identificada coas consoantes fricativas labiodental, dental non sibilante e sibilante postalveolar
respectivamente. Os casos de /s/ /s/, cun volume moito maior no presente estudo debido ás zonas de seseo e ás marxes silábicas nas que aparecen, puidéronse clasificar nos conxuntos [s1] [s2] [s3]2 establecendo como criterio básico de
agrupación a relevancia do pico espectral de maior intensidade. O contacto con vogal labializada revelouse decisivo en cambios de configuración da forma espectral, sobre todo nas sibilantes. As diferenzas na forma do espectro inducen a pensar en cambios na articulación do son fricativo, que se poderían dar tanto na zona de aproximación dos articuladores coma na parte da lingua que intervén

Text complet: PDF