Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO)

A entoación dunha fala de Santiago: fronteira prosódica entre suxeito e predicado

Elisa Fernández Rei, Ana Escourido Pernas, Maruxa Caamaño Varela, Luís Xuncal Pereira

Resum


O noso obxectivo neste traballo é completarmos a descrición da prosodia dunha fala de Santiago de Compostela que xa comezamos en Fernández Rei et alii (2005), seguindo a metodoloxía que nos proporciona o proxecto AMPER (Atlas Multimédia Prosodique de l’Espace Roman). Naquela ocasión só nos detivemos no estudo de oracións con estrutura Suxeito+Predicado+Complemento, mais agora imos atender tamén a estruturas algo máis complexas, do tipo Suxeito (Núcleo+Modificador)+Predicado+Complemento. Isto vainos permitir, por un lado, ratificar as hipóteses anteriormente expostas sobre a oposición entre a entoación de enunciativas e interrogativas e a relación entre a posición do acento e a entoación, e, por outro lado, vainos fornecer a portunidade de discutirmos novos aspectos, tales como as marcas tonais que indican o límite entre dous grupos de entoación menores ou o aliñamento dos picos tonais.

Text complet: PDF