Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO)

A heteronormatividade como obstáculo na lectura poética. O caso Elvira Riveiro Tobío

Ánxela Lema París

Resum


O presente traballo toma o poemario Carnia haikai (2012) de Elvira Riveiro Tobío como punto de partida para a análise da representación das sexualidades non normativas no eido da poesía galega contemporánea. Partindo da configuración heteronormativa que existe no imaxinario colectivo no que ao amor e á sexualidade se refire, reflexionarase sobre como este aspecto afecta ao proceso de lectura posto que se pecha a posibilidade dunha outra maneira de ler que daría lugar a mensaxes poéticas moito máis rupturistas e transgresoras do que as convencionais etiquetaxes literarias nos fan ver e pensar no que ás identidades sexuais se refire.

Text complet: HTML