Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO)

Os silencios de O silencio redimido

Álex Alonso Nogueira

Resum


Este artigo repasa a historia editorial da novela de Silvio Santiago O silencio redimido, publicada en 1976, pero que fora enviada á censura a principios dos anos 60. Despois de situar o autor no contexto da literatura galega dos anos 60, o artigo examina documentación pública e privada, e analiza a loita cultural que arrodeou a manuscrito da novela. Esta historia oculta é un caso representativo que permite unha mellor descrición da vida política e literaria de Galicia durante o Franquismo. Por último, esta investigación tamén procura axudar a facer unha xenealoxía da novela da memoria.

Text complet: HTML